UNHA NOVA AMEAZA PARA O MONTE NEME: OS EÓLICOS

Por se non fosen suficientes os problemas xerados polas afectacións da explotación mineira do Monte Neme durante tantos anos, agora debemos engadir a ameaza dun novo proxecto eólico neste monte singular e repleto de patrimonio, cousa que dito proxecto parece obviar pero nós NON.

Dende a Plataforma Monte Neme e tamén formando parte da Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra posicionámonos en contra deste proxecto e estamos levando a cabo diversas accións co respaldo da xente da contorna e outros colectivos para evitar que saia adiante.

Infórmate e alega connosco contra este proxecto tan negativo para a zona!

(Vídeo fornecido por #QuijotedeOutes)

Coñece o proxecto

Coñece cales son as razóns para opoñerse a este proxecto e por qué o considermos negativo para a zona.

Coñece outros movementos compañeiros e as mesmas problemáticas noutros lugares da nosa xeografía.

o proxecto dende fontes oficiais

canto de grande é a ameaza?

4 macroeólicos de 200m, 115m de buxa (o mástil) e un diámetro de rotor de 170m (pás de 83m), o que ven sendo máis de 3 veces e media a Torre de Hércules, máis de 2 veces e media a Catedral de Compostela de altura.

comparativa tamaño macroeólicos (Elaboración propia. Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra)

o proxecto nos mapas

Visor Cartográfico

Coñece visualmente sobre o mapa ás ubicacións dos aeroxeneradores, límites dos parques, distancias de afección, parcelario e outras informacións cartográficas.

Ver o mapa

Alegacións contra o proxecto

Se xa estás informad@ e directamente desexas alegar en contra do proxecto.

Nestas seguintes ligazóns podes descargar os modelos de alegacións para firmar e entregar no Rexistro presencialmente ou vía telemática:

Estas alegacións foron fornecidas pola Asociación Ambiental Petón do Lobo. Ademáis de información sobre outros proxectos e ameazas ambientais, tamén podes acceder directamente ás alegacións, comentarios e indicacións en particular deste proxecto a través desta ligazón.

Descarga a versión editable da alegación breve:

Este manual foi confeccionado e é fornecido por RuralC e Plataforma veciñal Monfero di NON que fornece recursos valiosos para a resposta contra os parques eólicos como mapas dos parques eólicos en Galicia. Podes consultar o deste proxecto en particular aquí.

data límite para alegar

O prazo de alegación para o público xeral remata o vindeiro 22 de Abril. Recorda que se eres parte interesada poderás alegar en calquer momento.

Posición da Plataforma

Dende a Plataforma Monte Neme non entendemos como pode ser cualificado como de interese xeral un proxecto tan negativo para a zona.

As afeccións son moi negativas para a xente e a zona cando os beneficios son prácticamente na súa totalidade para unha empresa privada.

As afeccións ao patrimonio natural e cultural e á xente, imposibilitarán un futuro aproveitamento sustentable do monte e unha verdadeira economía verde e transición ecolóxica xusta.

Non queremos un Monte Neme como polígono industrial, senón como un espazo natural e patrimonial simbólico, no que as comunidades de veciños poidan aproveitar os seus recursos de forma sustentable.

O Nemio ten unha ubicación litoral, preto do espazo natural Razo-Baldaio, do que o Monte Neme debería ser parte nun conxunto máis amplo como zona natural continua do litoral carballés-malpicán. Ademáis, Monte Neme é coñecido como a balconada de Bergantiños, debido ao seu carácter de miradoiro excepcional, dende onde, se di, un pode ver todo Bergantiños (e moito máis aló) e dende todo punto de Bergantiños se pode ver o Monte Neme. Polo tanto, a afección á paisaxe e ao contorno natural que supón o parque eólico proxectado é inasumible.

O Monte Neme conta con varios xacementos arqueolóxicos; alomenos un castro por cada unha das cinco parroquias que abrangue, un xacemento romano non intervido e a reconstrucción dun dos poucos vestixios de crómlech de Galicia, a Eira das Meigas.

O parque eólico ademáis plantéxase en parte nos terreos das antigas minas de Volframio e Estaño, non restauradas, co perigo que pode supoñer a remoción das terras contaminadas e a posible afección ás aguas ladeiras abaixo (regos de Bandeira e da Gándara), da que se abastecen numerosos veciños.

Para a xente, ademáis de molestias como o ruído, suporá unha perda de valor dos terreos (estímase un 30%) e aínda máis, a perda mesma do territorio, que se verá parcialmente imposibilitado para a realización doutros usos e aproveitamentos como o gandeiro e forestal, incluso dado o caso nun futuro, o propio aproveitamento eólico local a pequena escala por comunidades de montes ou enerxéticas.

É por iso que facemos un chamamento a toda a sociedade galega que comprenda a importancia deste monte galego símbolico e o dano irreversible que este proxecto pode supoñer, a posicionarse en contra e alegar con nós para evitar que dito proxecto chegue a levarse adiante, poñendo unha liña vermella máis a este tipo de actuacións en Galicia.

Tamén pedimos un cambio de modelo eólico a nivel xeral en Galiza e España. No 2020 participamos no movemento #AldeasConHorizonte e asinamos o Manifesto "Aldeas con horizonte" (impulsado pola Rede Galega por un Rural Vivo conxuntamente cun cento de entidades galegas de diversa índole) que pide unha moratoria de parques eólicos mentres non haxa un novo modelo de desenvolvemento eólico sostible.

afeccións

díptico afeccións eólicas 1
díptico afeccións eólicas 2